De xeito adicional ás ofertas de emprego que promoven as empresas e as entidades privadas, Emprego Galicia financia e promove en colaboración con entidades públicas, institucións e entidades sen ánimo de lucro unha serie de programas de emprego destinados a favorecer a contratación de persoas demandantes.
A relación de programas de emprego vixentes na actualidade é a seguinte:
Programas de cooperación
Destinados a mellorar a empregabilidade a través da adquisición da experiencia profesional mediante un contrato de traballo para realizar obras e servizos de interese xeral e social.
Deste tipo de programas tes máis información no seguinte enlace:
Programas duais de formación e emprego
Son programas públicos nos que as persoas desempregadas participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.
Podes ampliar a información sobre as modalidades actuais de programas duales de emprego de Galicia nos seguintes enlaces:
Programas duais de emprego persoas mozasObradoiros duais de emprego
Programas integrados de emprego de Galicia
Son instrumentos dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas desempregadas, mediante un conxunto integrado de accións de orientación, formación e intermediación que se desenvolve durante un período de 12 meses.
Deste tipo de programas tes máis información no seguinte enlace:
Contratación de persoal técnico especialista en organismos intermedios
Novo programa destinado a financiar a organismos intermedios a contratación de persoas técnicas especialistas para facilitar ás pemes e m¡cropemes un asesoramento específico en materias relacionadas con necesidades xurdidas ao fío do escenario socioecónomico do COVID-19.
Programa Galicia Emprega
Trátase dun programa de incentivos á contratación por conta allea e a formación, por parte de empresas, de persoas desempregadas pertencentes a colectivos de difícil inserción laboral: persoas mozas, persoas paradas de longa duración, mulleres ou persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
Ofertas de emprego público
Por último, se o teu interese é o emprego público, podes acceder dende os seguintes enlaces ás ofertas de emprego público que están en vigor:
Ofertas emprego público EstatalOfertas de emprego público Galicia