Sabes que podes facer a maioría dos teus trámites laborais sen desprazarte, de maneira rápida, cómoda e segura? O 13 de febreiro ás 12:00 descubre a túa oficina virtual na Oficina de emprego de Cambados e Ourense A Ponte.
SESIÓN GRUPAL: A MELLOR OPORTUNIDADE LABORAL É AQUELA PARA A QUE TE PREPARAS!
O 10 de febreiro ás 12:00 horas, as oficinas de emprego de Vilagarcía e Boiro cóntanche como acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 se non tes a ESO nin o Bacharelato, mediante as competencias clave.
Consulta a relación de postos de traballo promovidos polos concellos no ámbito deste Programa de fomento de emprego no medio rural para a prevención e defensa contra os incendios forestais.
PIDE CITA PARA PARTICIPAR NAS SESIÓNS GRUPAIS DE EMPREGO
No 2026 continúan a organizarse diferentes sesións grupais nas oficinas de emprego para aumentar os teus coñecementos e habilidades para afrontar un proceso de busca de emprego ou recibir información sobre oportunidades de emprego en sectores ou empresas.Esperámosche!
Accede a toda a información sobre os programas de formación en alternancia con práctica profesional para persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
PREPÁRATE PARA OBTER AS COMPETENCIAS CLAVE A TRAVÉS DO CAMPUS VIRTUAL DE EMPREGO
Tes a túa disposición 8 cursos en liña en modo autoformación para preparar as probas libres de competencias clave convocadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Aproveita a oportunidade!