Co obxectivo de poder ser de utilidade para as persoas interesadas, nos seguintes enlaces podes accceder ao temario non oficial de apoio ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral e ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de orientación laboral publicados o venres 7 de xullo de 2023 no Diario Oficial de Galicia.

Acceso temario A1 Acceso temario A2

De cara a axudar ás persoas interesadas en participar no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pon a súa disposición os seguintes contidos. 

Aviso de exención de responsabilidade

Estes contidos non son un temario oficial.

Supoñen unicamente unha ferramenta de axuda que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pon a disposición de todas as persoas interesadas en participar nos procesos selectivos para o ingreso no corpo superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral.

Os contidos responden á normativa, documentos e outras referencias que estaban vixentes no momento da súa elaboración, polo que poden ter sufrido cambios co decurso do tempo. Comprobe sempre a vixencia dos contidos e empregue as últimas versións dispoñibles.

Contidos do temario

A continuación detállanse os contidos de cada un dos temas da parte específica do temario relativo ao proceso selectivo indicado.

Os temas que non están visibles iranse publicando nos vindeiros días.

AVISO: modificación do tema 55 (actualización no apartado 2.2 da estrutura da rede EURES asociada ao SPEG).

Temas 1 a 10

Tema 1. A política de emprego en España: definición e obxectivos. Conceptos básicos. Principios reitores e planificación. Dimensión autonómica e local da política de emprego. (Descargar)

Tema 2. O Sistema Nacional de Empleo. Conferencia sectorial de emprego e asuntos laborais. Consello Xeral do Sistema Nacional de Emprego. A Estratexia española de apoio activo ao emprego: principios, obxectivos e eixos. Plan anual para o fomento do emprego digno. O Sistema público integrado de información dos servizos de emprego. (Descargar)

Tema 3. Lei 3/2023, do 28 de febreiro, de emprego. Axencia Española de Emprego e servizos de emprego das comunidades autónomas. Traspaso de funcións e servizos en materia do traballo, o emprego e a formación ás comunidades autónomas. (Descargar)

Tema 4. As políticas activas de emprego. Concepto. Empregabilidade. Intermediación. A coordinación entre as políticas activas e a protección económica fronte ao desemprego. Colectivos de atención prioritaria para a política de emprego. (Descargar)

Tema 5. Políticas de igualdade de xénero no ordenamento xurídico español: evolución normativa para a igualdade efectiva entre homes e mulleres. Igualdade entre mulleres e homes no emprego. Conciliación e corresponsabilidade da vida laboral, familiar e persoal. (Descargar)

Tema 6. O dereito do traballo. Principios constitucionais. As fontes da relación laboral. O Estatuto dos traballadores. O contrato de traballo. Concepto. Partes. Capacidade para contratar. Contido. Dereitos e deberes derivados do contrato. (Descargar)

Tema 7. Modalidades de contratación. Duración do contrato de traballo. Contrato formativo. Contratos de traballo a tempo parcial e contrato de substitución. Contrato fixo-descontinuo. (Descargar)

Tema 8. Sinistralidade laboral e prevención de riscos laborais. O accidente de traballo. Factores psicosociais que inflúen na accidentabilidade. Regulación xurídica da prevención de riscos laborais. (Descargar)

Tema 9. A extinción da relación de traballo. Concepto. Clasificación e tipoloxía. O despedimento: concepto e clases. O despedimento disciplinario: causas, procedemento e efectos. O despedimento colectivo. O procedemento de regulación de emprego, intervención dos representantes dos traballadores. (Descargar)

Tema 10. O salario: concepto e natureza xurídica. Estrutura salarial: salario base e complementos salariais. Liquidación e pagamento do salario. O salario mínimo interprofesional. O indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM). (Descargar)

Temas 11 a 20

Tema 11. A negociación colectiva e os convenios colectivos: concepto, negociación, contido, adhesión e extensión da súa eficacia. A acción administrativa en materia de conflitividade laboral: mediación, arbitraxe e conciliación. (Descargar)

Tema 12. A Seguridade Social na Constitución española. Texto refundido da Lei xeral da seguridade social. Estrutura e contido. Campo de aplicación. Réxime xeral e réximes especiais. (Descargar)

Tema 13. As prestacións da Seguridade Social: a incapacidade temporal. Concepto, beneficiarios, duración e contía. Nacemento e extinción do dereito. O control da incapacidade temporal. A protección por incapacidade permanente. Graos de incapacidade. Nacemento, duración e extinción. Contía. Compatibilidades e incompatibilidades. Particularidades en caso de accidente de traballo e enfermidade profesional. Cualificación e revisión da incapacidade permanente. (Descargar)

Tema 14. A protección por xubilación. Feito causante. Requisitos. Suspensión e extinción da pensión. Compatibilidades e incompatibilidades. Modalidades de xubilación anticipada. Xubilación parcial. Xubilación flexible. (Descargar)

Tema 15. A protección por desemprego en España, orixes e evolución do modelo actual. A situación legal de desemprego, concepto e clases. Regulación actual e persoas protexidas. Acción protectora. O nivel contributivo. Requisitos para o nacemento do dereito. (Descargar)

Tema 16. A protección por desemprego de nivel asistencial; o subsidio por desemprego: requisitos dos beneficiarios, nacemento do dereito, contía e duración. Renda activa de inserción: obxectivos. Beneficiarios e requisitos. Procedementos e normativa de referencia. Programas e medidas específicos de acción protectora para persoas desempregadas que esgotan as prestacións por desemprego. (Descargar)

Tema 17. O sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social. Funcionamento do sistema. Cooperación autonómica. Disposicións xerais de infraccións na orde social. Infraccións e sancións en materia de emprego. (Descargar)

Tema 18. Estatísticas oficiais de emprego en España e Galicia. Características xerais. Fontes de datos: Eurostat, INE, IGE. A información estatística sobre o mercado de traballo, fontes e técnicas de análises. Tratamento da información laboral. Indicadores económicos e taxas do mercado de traballo. Estatísticas do mercado de traballo e das relacións laborais, de emprego e de salarios. (Descargar)

Tema 19. O mercado de traballo en España e Galicia. Evolución do emprego. Os sectores económicos. Poboación ocupada, poboación asalariada, traballo autónomo. Trazos e características principais da poboación desempregada. (Descargar)

Tema 20. A protección de datos persoais: principios. Dereitos da persoa. A Axencia Española de Protección de Datos. Normativa de referencia: regulación xurídica da protección de datos de carácter persoal. (Descargar)

Temas 21 a 30

Tema 21. O Servizo Público de Emprego de Galicia dentro da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade: organización, estrutura e competencias. A Rede de Oficinas de Emprego de Galicia. (Descargar)

Tema 22. A calidade nos servizos públicos: Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración. Decreto 129/2016, do 15 de setembro, polo que se regula a atención á cidadanía no sector público autonómico de Galicia. (Descargar)

Tema 23. Servizos garantidos a persoas demandantes de emprego, compromisos e carteira de servizos. (Descargar)

Tema 24. A demanda. Inscrición, concepto e modalidades. Situación administrativa da demanda: causas e accións asociadas. Información da demanda: datos persoais, formativos, profesionais e de dispoñibilidade. Dereitos e obrigas da persoa demandante de emprego. Demanda de emprego con vocación europea: rede Eures (European Employment Services). (Descargar)

Tema 25. Xestión da demanda: clasificación profesional: ocupación: concepto e clasificación das ocupacións, a CNO. Cara á clasificación ocupacional por competencias: Clasificación europea de capacidades, competencias, cualificacións e ocupacións (ESCO). (Descargar)

Tema 26. Políticas públicas de emprego para a inmigración. Permisos de traballo e residencia. Os servizos públicos de emprego na regularización laboral da inmigración; inscrición de persoas estranxeiras. Catálogo de ocupacións de difícil cobertura. Continxentes. Certificado de insuficiencia de demandantes de emprego adecuados e dispoñibles para aceptar a oferta. (Descargar)

Tema 27. A orientación laboral no SPEG. Obxectivos, contido, fundamentos, accións e destinatarios. Normativa reguladora. Modelos de orientación laboral. (Descargar)

Tema 28. Protocolos do Servizo de Orientación Profesional (I). Diagnóstico e elaboración do perfil individualizado de usuario. Desenvolvemento da actividade: fases. (Descargar)

Tema 29. Protocolos do Servizo de Orientación Profesional (II). Titorización individual. Asesoramento continuado e atención personalizada. (Descargar)

Tema 30. Protocolos do Servizo de Orientación Laboral (III). Deseño do itinerario ou plan personalizado adecuado ao seu perfil. Fases e contido. O acordo de actividade. (Descargar)

Temas 31 a 40

Tema 31. Protocolos do Servizo de Orientación Laboral (IV). Información sobre a situación do mercado de traballo, políticas activas de emprego e servizos comúns. Apoio á xestión da mobilidade laboral. (Descargar)

Tema 32. A persoa orientada: aptitudes, capacidades e destrezas. Características de personalidade que inflúen no emprego. O currículo vítae. A carta de presentación. Obxectivos e estrutura. (Descargar)

Tema 33. O proceso de procura de emprego. Fontes de información. A entrevista de selección: obxectivos, fases e aspectos para ter en conta. A autocandidatura. Xacementos de emprego. Fontes de información. (Descargar)

Tema 34. O rol do orientador laboral. Competencias e habilidades. Recursos do persoal orientador. Os recursos e ferramentas para a inserción e a orientación. As novas tecnoloxías na orientación laboral. (Descargar)

Tema 35. O Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional. Normativa reguladora de cualificacións e formación profesional. O Catálogo nacional de cualificacións profesionais. A unidade de competencia. O catálogo modular de formación profesional. Os certificados de profesionalidade e os títulos de formación profesional. O Instituto Nacional de Cualificacións e o Instituto Galego de Cualificacións. (Descargar)

Tema 36. A avaliación e acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional ou as vías non formais de formación. Normativa reguladora. Natureza e características. Información e orientación. Fases do procedemento. Efectos das acreditacións obtidas. Organización do procedemento. Funcións e requisitos das persoas que participen no procedemento como asesoras e como avaliadoras. (Descargar)

Tema 37. A formación profesional para o emprego como política activa de emprego. Oferta formativa para traballadores ocupados e desempregados. Outras iniciativas de formación. (Descargar)

Tema 38. Os diferentes programas públicos de emprego en Galicia: programas duais de formación e emprego. Programas integrados de emprego. Programas de cooperación. (Descargar)

Tema 39. A intermediación laboral. Concepto. Axentes da intermediación. O servizo público de intermediación laboral. A colocación adecuada. Prácticas non laborais. (Descargar)

Tema 40. Axencias de colocación, definición e competencias. As empresas de traballo temporal. A súa regulación actual. O contrato de posta ao dispor e as relacións laborais coa empresa de traballo temporal. (Descargar)

Temas 41 a 50

Tema 41. A empresa: definición, estrutura, organización e tipoloxía. Formas xurídicas de empresa. Proceso de creación de empresa: estudo de mercado e plan de empresa. O Plan de igualdade da empresa. (Descargar)

Tema 42. Apoio ao emprendemento: principais medidas reguladas pola Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e á súa internacionalización. Medidas para emprendedores da Comunidade de Galicia: principais características. Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego. (Descargar)

Tema 43. Apoio ao autoemprego: Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo. Medidas da Comunidade de Galicia de apoio ao autoemprego: principais características. (Descargar)

Tema 44. Apoio á economía social: Lei 5/2011, do 29 de marzo, de economía social. Responsabilidade social das empresas. Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia. (Descargar)

Tema 45. Emprego e discapacidade: medidas de fomento para a integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e a través do traballo autónomo. Obrigacións das empresas en materia de contratación de persoas con discapacidade e medidas alternativas. Incentivos á contratación de persoas con discapacidade. (Descargar)

Tema 46. Emprego e inclusión social. As empresas de inserción. A integración sociolaboral das persoas en situación ou risco de exclusión a través das empresas de inserción. O proceso de inserción. Axudas ás empresas de inserción. (Descargar)

Tema 47. Servizos garantidos a persoas, empresas e demais entidades empregadoras. (Descargar)

Tema 48. Definición da oferta de emprego: análise e descrición de postos de traballo como base do proceso de xestión de ofertas. Elaboración do perfil. Entrevista de recollida de información do posto coa empresa oferente. Oferta de emprego con vocación europea: rede Eures (European Employment Services). (Descargar)

Tema 49. Xestión da oferta de emprego. Fases: actuacións preparatorias e desenvolvemento da actividade. As ofertas en difusión. O papel do xestor de oferta. (Descargar)

Tema 50. Medidas de fomento da contratación. Modalidades, requisitos e contía das axudas. Beneficiarios. Colectivos prioritarios destinatarios das medidas. Medidas en materia da Seguridade Social e en materia fiscal que fomenten a contratación indefinida e a estabilidade no emprego. (Descargar)

Temas 51 a 59

Tema 51. As políticas da Xunta de Galicia para o fomento do emprego e da contratación. Tipoloxía de axudas e incentivos. Definición e obxectivos, beneficiarios e requisitos. Procedemento. (Descargar)

Tema 52. O tecido empresarial de Galicia. Características e presenza no territorio. Parques tecnolóxicos e industriais de Galicia. A promoción empresarial en Galicia: organismos públicos e privados de apoio á iniciativa empresarial. (Descargar)

Tema 53. Os sistemas de prospección do mercado laboral: funcións e metodoloxías de prospección. O Servizo de Observatorio de Prospectiva do Mercado de Traballo. Novos xacementos de emprego: conceptos, ámbitos, obstáculos, iniciativas, novos filóns de ocupacións. (Descargar)

Tema 54. A comunicación da contratación laboral aos servizos públicos de emprego: suxeitos que interveñen, procedementos e contidos, obrigacións dos servizos públicos de emprego. Comunicación da contratación laboral a través dos medios telemáticos. (Descargar)

Tema 55. A rede Eures. Definición. A libre circulación de traballadores. Obxectivos da rede Eures, funcións, evolución e situación actual. Composición. Funcións da Oficina Europea de Coordinación. Actividades de Eures. A rede Eures do Servizo Público de Emprego de Galicia. Eures Tranfronteirizo Galicia-Norte de Portugal. (Descargar)

Tema 56. Seguimento e avaliación das políticas de emprego. Avaliación do desempeño dos servizos públicos de emprego Evades. (Descargar)

Tema 57. A enquisa como instrumento de investigación social: concepto e fases. O cuestionario: tipos de preguntas. Organización do cuestionario. Os grupos de discusión: concepto, deseño, formación do grupo e funcionamento. Análise e interpretación do discurso do grupo. (Descargar)

Tema 58. A mostra: teoría e aplicación. Tamaño da mostra. O nivel de confianza. Tipos de mostraxe e métodos de selección da mostra. A súa utilización no ámbito do mercado de traballo. (Descargar)

Tema 59. Sistemas de análises de datos: análise cualitativa e análise cuantitativa. Programas informáticos para a análise de datos: tipos e funcionalidades. Aplicabilidade para interpretar a realidade do mercado laboral. (Descargar)

Img logotipos formación orentación

 

Plan de formación Orientación Laboral - 2023

 

Presentación

Emprego Galicia busca acadar con esta acción formativa ás persoas de nova incorporación os seguintes obxectivos:

 

  • Presentar a estrutura, competencias e funcións do servizo público de emprego de Galicia (Emprego Galicia).
  • Fornecer un coñecemento actualizado e práctico sobre as metodoloxías e ferramentas que empregarán no seu labor de orientación laboral, no día a día.
  • Adquirir as competencias necesarias para desenvolver a atención ás persoas usuarias do servizo con criterios de calidade.
  • Proporcionar unha visión xeral sobre o funcionamento e organización da rede de oficinas de emprego da Xunta de Galicia.
  • Familiarizarse coas ferramentas que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ten dispoñibles para apoiar o seu traballo e mellorar a calidade na atención.
  • Coñecer outras estruturas e redes de apoio ao emprego, ao autoemprego e ao emprendemento promovidas pola propia Consellería.

 

Folleto informativo da formación

 

Horario da formación

Luns 13 de marzo

Horario Temática Poñente   Contidos
09:30 - 09:45 Inauguración      
09:45 - 10:00 Lei de Emprego - Carteira de Servizos Mª Dolores Otero   Acceder
10:00 - 10:30  Organización administrativa oficinas de emprego  Santiago Boquete   Acceder
10:30 - 12:00 Programas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade Mª del Mar Iglesias   Acceder
12:00 - 12:30 Pausa      
12:30 - 14:00 Intermediación Laboral Manuel Rial   Acceder

 

Martes 14 de marzo

Horario Temática Poñente   Contidos
09:30 - 10:30 A Oficina Virtual Santiago Parra   Acceder
10:30 - 12:00 A Prospección Empresarial María José Alonso   Acceder
12:00 - 12:30  Pausa      
12:30 - 14:00 A Xestión das Ofertas de Emprego Luís Fernández   Acceder

 

Mércores 15 de marzo

Horario Temática Poñente   Contidos

09:30 - 09:45

Introdución á Orientación Laboral e a Intranet

     
09:45 - 10:45 A Entrevista Inicial e o Perfil Profesional  Mª del Mar Iglesias   Acceder
10:45 - 11:15 Pausa      
11:15 - 13:15 Os Itinerarios de Inserción Laboral Mª Concepción Novo    Acceder
13:15 - 14:15 Tipoloxías de Atención no Ámbito da Orientación Laboral Mª Dolores Otero | Santiago Parra    Acceder

 

Xoves 16 de marzo

Horario Temática Poñente   Contidos
09:30 - 11:00 Talleres Mª del Mar Iglesias / Concepción Novo   Acceder
11:00 - 11:30 Pausa      
11:30 - 14:30 Talleres Mª del Mar Iglesias / Concepción Novo     

 

Lugares de impartición

O luns 13, martes 14 e mércores 15 de marzo

Centro das Novas Tecnoloxías de Galicia

(Rúa de Airas Nunes, s/n - Santiago de Compostela)

 

O xoves 16 de marzo

Escola Galega de Administración Pública

(Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4 15707 Santiago de Compostela)

<>
 

De cara a axudar ás persoas interesadas en participar no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de orientación laboral, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pon a súa disposición os seguintes contidos. 

Aviso de exención de responsabilidade

Estes contidos non son un temario oficial.

Supoñen unicamente unha ferramenta de axuda que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pon a disposición de todas as persoas interesadas en participar nos procesos selectivos para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de orientación laboral.

Os contidos responden á normativa, documentos e outras referencias que estaban vixentes no momento da súa elaboración, polo que poden ter sufrido cambios co decurso do tempo. Comprobe sempre a vixencia dos contidos e empregue as últimas versións dispoñibles.

Contidos do temario

A continuación detállanse os contidos de cada un dos temas da parte específica do temario relativo ao proceso selectivo indicado.

Os temas que non están visibles iranse publicando nos vindeiros días.

AVISO: modificación do tema 59 (actualización no apartado 2.2 da estrutura da rede EURES asociada ao SPEG).

Temas 1 a 10

Tema 1. A política de emprego en España: definición e obxectivos. Conceptos básicos. Principios reitores e planificación. Dimensión autonómica e local da política de emprego. (Descargar)

Tema 2. O Sistema nacional de emprego. Conferencia sectorial de emprego e asuntos laborais. Consello Xeral do Sistema Nacional de Emprego. A Estratexia española de apoio activo ao emprego: principios, obxectivos e eixes. Plan anual para o fomento do emprego digno. O Sistema público integrado de información dos servizos de emprego. (Descargar)

Tema 3. Lei 3/2023, do 28 de febreiro, de emprego. Axencia Española de Emprego e servizos de emprego das comunidades autónomas. Traspaso de funcións e servizos en materia do traballo, o emprego e a formación ás comunidades autónomas. (Descargar)

Tema 4. As políticas activas de emprego. Concepto. Empregabilidade. Intermediación. A coordinación entre as políticas activas e a protección económica fronte ao desemprego. Colectivos de atención prioritaria para a política de emprego. (Descargar)

Tema 5. Políticas de igualdade de xénero no ordenamento xurídico español: evolución normativa para a igualdade efectiva entre homes e mulleres. Igualdade entre mulleres e homes no emprego. Conciliación e corresponsabilidade da vida laboral, familiar e persoal. (Descargar)

Tema 6. O dereito do traballo. Principios constitucionais. As fontes da relación laboral. O Estatuto dos traballadores. O contrato de traballo. Concepto. Partes. Capacidade para contratar. Contido. Dereitos e deberes derivados do contrato. (Descargar)

Tema 7. Modalidades de contratación. Duración do contrato de traballo. Contrato formativo. Contratos de traballo a tempo parcial e contrato de substitución. Contrato fixo-descontinuo. (Descargar)

Tema 8. A extinción da relación de traballo. Concepto. Clasificación e tipoloxía. O despedimento: concepto e clases. O despedimento disciplinario: causas, procedemento e efectos. O despedimento colectivo. O procedemento de regulación de emprego, intervención dos representantes dos traballadores. (Descargar)

Tema 9. O salario: concepto e natureza xurídica. Estrutura salarial: salario base e complementos salariais. Liquidación e pagamento do salario. O salario mínimo interprofesional. O indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM). (Descargar)

Tema 10. A negociación colectiva e os convenios colectivos: concepto, negociación, contido, adhesión e extensión da súa eficacia. A acción administrativa en materia de conflitividade laboral: mediación, arbitraxe e conciliación. (Descargar)

Temas 11 a 20

Tema 11. A Seguridade Social na Constitución española. Principios básicos do texto refundidoda Lei xeral da seguridade social. Campo de aplicación. Réxime xeral e réximes especiais. (Descargar)

Tema 12. As prestacións da Seguridade Social: a incapacidade temporal. Concepto, beneficiarios, duración e contía. Nacemento e extinción do dereito. O control da incapacidade temporal. A protección por incapacidade permanente. Graos de incapacidade. Nacemento, duración e extinción. Contía. Compatibilidades e incompatibilidades. Particularidades en caso de accidente de traballo e enfermidade profesional. Cualificación e revisión da incapacidade permanente. (Descargar)

Tema 13. A protección por xubilación. Feito causante. Requisitos. Suspensión e extinción da pensión. Compatibilidades e incompatibilidades. Modalidades de xubilación anticipada. Xubilación parcial. Xubilación flexible. (Descargar)

Tema 14. A protección por desemprego en España, orixes e evolución do modelo actual. A situación legal de desemprego, concepto e clases. Regulación actual e persoas protexidas. Acción protectora. O nivel contributivo. Requisitos para o nacemento do dereito. (Descargar)

Tema 15. A protección por desemprego de nivel asistencial; o subsidio por desemprego: requisitos dos beneficiarios, nacemento do dereito, contía e duración. Renda activa de Inserción: obxectivos. Beneficiarios e requisitos. Procedementos e normativa de referencia. Programas e medidas específicos de acción protectora para persoas desempregadas que esgotan as prestacións por desemprego. (Descargar)

Tema 16. A protección de datos persoais: principios. Dereitos da persoa. A Axencia Española de Protección de Datos. Normativa de referencia: regulación xurídica da protección de datos de carácter persoal. (Descargar)

Tema 17. O Servizo Público de Emprego de Galicia dentro da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade: organización, estrutura e competencias. A rede de oficinas de emprego de Galicia. (Descargar)

Tema 18. A calidade nos servizos públicos: Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración. Decreto 129/2016, do 15 de setembro, polo que se regula a atención á cidadanía no sector público autonómico de Galicia. (Descargar)

Tema 19. Servizos garantidos a persoas demandantes de emprego, compromisos e carteira de servizos. (Descargar)

Tema 20. A demanda. Inscrición, concepto e modalidades. Situación administrativa da demanda: causas e accións asociadas. Información da demanda: datos persoais, formativos, profesionais e de dispoñibilidade. Dereitos e obrigas da persoa demandante de emprego. Demanda de emprego con vocación europea: Rede Eures (European Employment Services). (Descargar)

Temas 21 a 30

Tema 21. Xestión da demanda. Clasificación profesional. Ocupación: concepto e clasificación das ocupacións, a CNO. Cara á clasificación ocupacional por competencias: clasificación europea de capacidades, competencias, cualificacións e ocupacións (ESCO). (Descargar)

Tema 22. Políticas públicas de emprego para a inmigración. Permisos de traballo e residencia. Os servizos públicos de emprego na regularización laboral da inmigración; inscrición de persoas estranxeiras. Catálogo de ocupacións de difícil cobertura. Continxentes. Certificado de insuficiencia de demandantes de emprego adecuados e dispoñibles para aceptar a oferta. (Descargar)

Tema 23. A orientación laboral no SPEG. Obxectivos, contido, fundamentos, accións e destinatarios. Normativa reguladora. Modelos de orientación laboral. (Descargar)

Tema 24. Protocolos do Servizo de Orientación Profesional (I). Diagnóstico e elaboración do perfil individualizado de usuario. Desenvolvemento da actividade: fases. (Descargar)

Tema 25. Protocolos do Servizo de Orientación Profesional (II). Titorización individual. Asesoramento continuado e atención personalizada. (Descargar)

Tema 26. Protocolos do Servizo de Orientación Laboral (III). Deseño do itinerario ou plan personalizado adecuado ao seu perfil. Fases e contido. O acordo de actividade. (Descargar)

Tema 27. Protocolos do Servizo de Orientación Laboral (IV). Información sobre a situación do mercado de traballo, políticas activas de emprego e servizos comúns. Apoio á xestión da mobilidade laboral. (Descargar)

Tema 28. A persoa orientada: aptitudes, capacidades e destrezas. Características de personalidade que inflúen no emprego. O currículum vitae. A carta de presentación. Obxectivos e estrutura. (Descargar)

Tema 29. O proceso de procura de emprego. Fontes de información. A entrevista de selección: obxectivos, fases e aspectos que cómpre ter en conta. A autocandidatura. Xacementos de emprego. Fontes de información. (Descargar)

Tema 30. O Sistema nacional de cualificacións e formación profesional. Normativa reguladora de cualificacións e formación profesional. O Catálogo nacional de cualificacións profesionais. A unidade de competencia. O catálogo modular de formación profesional. Os certificados de profesionalidade e os títulos de formación profesional. O Instituto Nacional das Cualificacións e o Instituto Galego das Cualificacións. (Descargar)

Temas 31 a 40

Tema 31. A avaliación e acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional ou as vías non formais de formación. Normativa reguladora. Natureza e características. Información e orientación. Fases do procedemento. Efectos das acreditacións obtidas. Organización do procedemento. Funcións e requisitos das persoas que participen no procedemento como asesoras e como avaliadoras. (Descargar)

Tema 32. A formación profesional para o emprego como política activa de emprego. Oferta formativa para traballadores ocupados e desempregados. Outras iniciativas de formación. (Descargar)

Tema 33. Os diferentes programas públicos de emprego en Galicia: programas duais de formación e emprego. Programas integrados de emprego. Programas de cooperación. (Descargar)

Tema 34. A intermediación laboral. Concepto. Axentes da intermediación. O servizo público de intermediación laboral. A colocación adecuada. Prácticas non laborais. (Descargar)

Tema 35. A empresa: definición, estrutura, organización e tipoloxía. Formas xurídicas de empresa. Proceso de creación de empresa: estudo de mercado e plan de empresa. O Plan de igualdade da empresa. (Descargar)

Tema 36. Apoio ao emprendemento: principais medidas reguladas pola Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización. Medidas para emprendedores da Comunidade Autóma de Galicia: principais características. Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego. (Descargar)

Tema 37. Apoio ao autoemprego: Lei 20/2007, do 11 de xullo, do estatuto do traballo autónomo. Medidas da Comunidade Autónoma de Galicia de apoio ao autoemprego: principais características. (Descargar)

Tema 38. Apoio á economía social: Lei 5/2011, do 29 de marzo, de economía social. Responsabilidade social das empresas. Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia. (Descargar)

Tema 39. Emprego e discapacidade: medidas de fomento para a integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e a través do traballo autónomo. Obrigacións das empresas en materia de contratación de persoas con discapacidade e medidas alternativas. Incentivos á contratación de persoas con discapacidade. (Descargar)

Tema 40. Emprego e inclusión social. As empresas de inserción. A integración sociolaboral das persoas en situación ou risco de exclusión a través das empresas de inserción. O proceso de inserción. Axudas ás empresas de inserción. (Descargar)

Temas 41 a 49

Tema 41. Servizos garantidos a persoas, empresas e demais entidades empregadoras. (Descargar)

Tema 42. ADefinición da oferta de emprego: análise e descrición de postos de traballo como base do proceso de xestión de ofertas. Elaboración do perfil. Entrevista de recollida de información do posto coa empresa oferente. Oferta de emprego con vocación europea: Rede Eures (European Employment Services). (Descargar)

Tema 43. Xestión da oferta de emprego. Fases: actuacións preparatorias e desenvolvemento da actividade. As ofertas en difusión. O papel do xestor de oferta. (Descargar)

Tema 44. Medidas de fomento da contratación. Modalidades, requisitos e contía das axudas. Beneficiarios. Colectivos prioritarios destinatarios das medidas. Medidas en materia de seguridade social e en materia fiscal que fomenten a contratación indefinida e a estabilidade no emprego. (Descargar)

Tema 45. As políticas da Xunta de Galicia para o fomento do emprego e da contratación. Tipoloxía de axudas e incentivos. Definición e obxectivos, beneficiarios e requisitos. Procedemento. (Descargar)

Tema 46. O tecido empresarial de Galicia. Características e presenza no territorio. Parques tecnolóxicos e industriais de Galicia. A promoción empresarial en Galicia: organismos públicos e privados de apoio á iniciativa empresarial. (Descargar)

Tema 47. Os sistemas de prospección do mercado laboral: funcións e metodoloxías de prospección. O Servizo de Observatorio de Prospectiva do Mercado de Traballo. Novos xacementos de emprego: conceptos, ámbitos, obstáculos, iniciativas, novos filóns de ocupación. (Descargar)

Tema 48. A comunicación da contratación laboral aos servizos públicos de emprego: suxeitos que interveñen, procedementos e contidos, obrigacións dos servizos públicos de emprego. Comunicación da contratación laboral a través dos medios telemáticos (Descargar)

Tema 49. A Rede Eures. Definición. A libre circulación de traballadores. Obxectivos da Rede Eures, funcións, evolución e situación actual. Composición. Funcións da Oficina Europea de Coordinación. Actividades de Eures. A Rede Eures do Servizo Público de Emprego de Galicia. Eures tranfronteirizo Galicia-Norte de Portugal. (Descargar)

 

  • CV: Currículum Vitae. É a principal ferramenta de presentación que che define profesionalmente para unha candidatura a un emprego. É a expresión clara e concisa dos teus datos personais, formación, experiencia profesional e valores engadidos adaptados ao posto de emprego que optas.
  • DARDE: Documento de Alta e Renovación da Demanda de Emprego. Documento acreditativo que sirve para que a persoa usuaria coñeza os seus dereitos e deberes como demandante de emprego, servindo tamén como recordatorio da data de próxima renovación.
  • DNI: Documento Nacional de Identidade. Documento de identificación de todas as persoas coa nacionalidade española.
  • DNI-e: Documento Nacional de Identidade electrónico. É un documento emitido pola Dirección Xeral da Policía (Ministerio do Interior) que, ademáis de acreditar documentalmente a identidade personal do seu titular, permite acreditar electronicamente e de forma inequívoca a súa identidade.
  • EEE: Espazo Económico Europeo. O Espazo Económico Europeo instaurouse o 1 de xaneiro de 1994 con motivo dun acordo entre países membros da Unión Europea e da Asociación Europea de Libre Comercio, excepto Suiza.
  • Emprego Galicia: É a estructura pública dependente da Xunta de Galicia que une dun modo integral e coordinado a todas aquelas unidades da administración autonómica que prestan servicios ou exercen funcións no ámbito das políticas activas de emprego, dentro do marco territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • ETT: Empresa de Traballo Temporal. É unha empresa autorizada e, polo tanto, rexistrada que proporciona un conxunto de servizos de oferta e demanda de traballo temporal.
  • EURES: EURopean Employment Services. É a rede de cooperación para o emprego e para a libre circulación de persoas traballadoras, un dos principios fundamentais da Unión Europea, como queda indicado nos artículos correspondentes do Tratado que crea a Comunidade Europea.
  • FSE: é o principal instrumento financieiro da Unión Europea para fomentar o emprego nos Estados membros e promover unha maior cohesión económica e social. O gasto do FSE representa aproximadamente o 10% do presuposto total a Unión Europea.
  • IEBT: Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica. É unha empresa rexistrada e cualificada como tal pola Consellería con competencias en emprego, que cumpre unha serie de características de carácter innovador, científico ou de base tecnolóxica, avaliada e apoiada por axentes de emprego especializados, dándolle a oportunidade de optar posteriormente a liñas de apoio e servizos específicos.
  • IER: Iniciativa de Emprego Rural. Este tipo de proxecto empresarial innovador, ademais de cumprir cos requisitos propios dunha ILE (Iniciativa local de Emprego), ten que estar integrado nun plan de actuación conxunto elaborado pola Xunta de Galicia (a través da Consellería con competencias na materia) e dirixido a dinamizar e consolidar o emprego e a actividade económica no medio rural galego.
  • IGAPE: Instituto Galego de Promoción Económica. É un organismo que depende da Xunta de Galicia e que ten como finalidade apoiar e potenciar o investimento e dinamización empresarial, poñendo a súa disposición un amplo abano de axudas económicas e financeiras, así como ferramentas e recursos técnicos cualificados.
  • ILE: Iniciativa Local de Emprego. Iniciativa innovadora con efecto dinamizador de actividades económicas e xerador de emprego no ámbito ámbito local, apoiada pola Xunta de Galicia ou polas administracións locais.
  • IPI: Itinerario Personalizado de Inserción. Consiste nunha serie de accións para que a persoa traballadora en desemprego mellore a súa empregabilidade e se poida reincorporar ao mercado laboral dun xeito máis rápido coa tutela e apoio de persoal técnico cualificado.
  • ISSGA: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral. É un organismo autónomo adscrito orgánicamente á Consellería competente en materia de emprego, que se configura como un órgano técnico en materia de prevención de riscos laborais, goza de personalidade xurídica propia, autonomía funcional e plena capacidade de obrar.
  • LOPD: A Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Personal, é unha lei que ten por obxecto garantir e protexer, no que atañe ao tratamento dos datos personais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das personas físicas.
  • NIE: Número de Identidade de Extranxeiro. É un código para a identificación tributaria das persoas extranxeiras en España. O goberno de España enlazou o número de NIE á residencia, que inclúe o número de NIE na tarxeta de residencia​ e a seguridade social en España.
  • PIE: Plan Integrado de Emprego. É un servizo que ofrece orientación laboral e pon en contacto persoas demandantes con empresas co obxectivo de localizar ofertas de emprego para as personas inscritas no plan.
  • RSE: Responsabilidade Social Empresarial. É unha forma de xestión e de facer negocios baixo criterios éticos e socialmente responsables, na que a empresa ocúpase de que as súas operacións sexan sustentables no económico, o social e o ambiental, recoñecendo os intereses dos distintos grupos cos que se relaciona e buscando a preservación do medio ambiente e a sustentabilidade das xeracións futuras.
  • SEPE: Servizo Público de Emprego Estatal. É o organismo autónomo adscrito ao Ministerio de Empleo y Seguridad Social, que, xunto cos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas forma o Sistema Nacional de Emprego.
  • SPAM: Correo electrónico non solicitado que se envía a un gran número de destinatarios con fins publicitarios ou comerciais.
  • TRLGSS: Texto Refundido de la Ley General de la Seguridad Social.
  • WAI: Web Accessibility Initiative ou Iniciativa para a Accesibilidade Web é unha rama do World Wide Web Consortium que vela pola accesibilidade da Web.
  • WCAG: Web Content Accessibility Guidelines. Son as pautas de accesibilidade do contido na Web do World Wide Web Consortium.

Subcategorías