PROGRAMA RETORNA CUALIFICA EMPREGO 2025
A Xunta de Galicia ten posto en marcha a segunda edición do Programa Retorna Cualifica Emprego, promovendo para o ano 2025 un conxunto de medidas dirixidas a facilitar e apoiar a atracción do talento das persoas emigrantes que desexen retornar a Galicia.
Deste xeito, búscase acadar un dobre obxectivo: por un lado, promover oportunidades para que as persoas galegas residentes no exterior que desexen retornar a Galicia poidan facelo cun proxecto vital e profesional sólido e con garantías e, por outro, apoiar ás empresas galegas para que poidan identificar o talento que precisan nas súas organizacións para os retos futuros dos seus negocios en calquera parte do mundo.
O Programa Retorna Cualifica Emprego facilita de xeito coordinado, unha canle para acompañar ás empresas na identificación e busca dese talento, recompilando e difundindo entre a colectividade de persoas emigrantes galegas todos aqueles compromisos de contratación que desexen promover, ao tempo que achega un conxunto de servizos e apoios económicos para facilitar o retorno das persoas galegas residentes no exterior para que poidan voltar a Galicia coas máximas garantías para facilitar o seu asentamento e desenvolvemento laboral.
Para todo elo, a Xunta de Galicia contará coa colaboración de entidades xestoras que acheguen a súa experiencia tanto na xestión e desenvolvemento de programas de formación e cualifación para o emprego e a atracción do talento como en actividades de asesoramento e asistencia técnica en procesos de selección de talento, ao tempo que contan con capacidade, solvencia, eficacia e recursos humanos e materiais suficientes para a realización, organización e coordinación das actividades a desenvolver dentro do Programa Retorna Cualifica Emprego para este ano 2025.
Polo tanto, se ti es unha persoa galega residente no exterior e desexas máis información sobre o Programa Retorna Cualifica Emprego, a podes consultar accedendo ao seguinte enlace:
Se es parte dunha empresa ou entidade empregadora, invitámosche a que consultes máis información sobre o Programa no seguinte enlace:
E se es parte dunha entidade sen ánimo de lucro con experiencia neste ámbito, invitámosche tamén a recabar máis información accedendo ao seguinte enlace:
PROGRAMA RETORNA CUALIFICA EMPREGO 2025 EMPRESAS E ENTIDADES XESTORAS
A Xunta de Galicia ten posto en marcha a segunda edición do Programa Retorna Cualifica Emprego, promovendo para o ano 2025 un conxunto de medidas dirixidas a facilitar e apoiar a atracción do talento das persoas emigrantes que desexen retornar a Galicia.
Deste xeito, búscase acadar un dobre obxectivo: por un lado, apoiar ás empresas galegas para que poidan identificar o talento que precisan nas súas organizacións para os retos futuros dos seus negocios en calquera parte do mundo e, por outro, promover oportunidades para que as persoas galegas residentes no exterior que desexen retornar a Galicia poidan facelo cun proxecto vital e profesional sólido e con garantías.
O Programa Retorna Cualifica Emprego facilita de xeito coordinado, unha canle para acompañar ás empresas na identificación e busca dese talento, recompilando e difundindo entre a colectividade de persoas emigrantes galegas todos aqueles compromisos de contratación que desexen promover, ao tempo que achega un conxunto de servizos e apoios económicos para facilitar o retorno das persoas galegas residentes no exterior para que poidan voltar a Galicia coas máximas garantías para facilitar o seu asentamento e desenvolvemento laboral.
Para todo elo, a Xunta de Galicia contará coa colaboración de entidades xestoras que acheguen a súa experiencia tanto na xestión e desenvolvemento de programas de formación e cualifación para o emprego e a atracción do talento como en actividades de asesoramento e asistencia técnica en procesos de selección de talento, ao tempo que contan con capacidade, solvencia, eficacia e recursos humanos e materiais suficientes para a realización, organización e coordinación das actividades a desenvolver dentro do Programa Retorna Cualifica Emprego para este ano 2025.
Se es parte dunha empresa ou entidade empregadora, invitámosche a que consultes máis información sobre o Programa no seguinte enlace:
E se es parte dunha entidade sen ánimo de lucro con experiencia neste ámbito, invitámosche tamén a recabar máis información accedendo ao seguinte enlace:
ACCIÓNS DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PLAN ANUAL 2022 FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA – NextGenerationEU
O Plan anual 2022 para o persoal do Servizo Público de Emprego de Galicia forma parte do proxecto "Plan de Formación Permanente para o persoal do SNE (2021- 2023)", financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.
O citado proxecto enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España, e está incluído na Política Panca VIII. "Nova economía dos coidados e políticas de emprego", Compoñente 23. "Novas políticas públicas para un mercado de traballo dinámico, resiliente e inclusivo", Investimento 5. "Gobernanza e impulso ás políticas de apoio á activación para o emprego".
Este Plan anual contribúe ao cumprimento do obxectivo nº 348 incluído na "Proposta de DECISIÓN DE EXECUCIÓN DO CONSELLO relativa á aprobación da avaliación do plan de recuperación e resiliencia de España", de 16 de xuño de 2021, aprobada definitivamente polo Consello da Unión Europea o 13 de xullo de 2021. Ademais, este Plan ten en conta todos os requirimentos establecidos nas Disposicións Operativas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para o citado obxectivo.
As accións formativas que se ofertan para as persoas empregadas públicas teñen por obxecto mellorar as súas competencias e prestar un apoio máis eficaz aos solicitantes de emprego. As características da formación recóllense nos correspondentes programas formativos (Ficha), nos que se inclúe, entre outros aspectos, a denominación da acción formativa, así como os seus obxectivos, contido e duración.
A continuación, se presenta a relación de fichas das unidades formativas:
As persoas inscritas que completen a acción formativa obterán o certificado oficial correspondente |
Ferramenta EMi - Emprego Intelixente
EMi, Emprego Intelixente, é unha ferramenta tecnolóxica implantada en todas as oficinas de emprego de Galicia que conxuga datos, coñecemento e analítica para axudar a mellorar a calidade do servizo que presta Emprego Galicia.
EMi conxuga as capacidades previas de explotación do histórico de formación e experiencia laboral cun novo enfoque baseado en coñecer e comprender ás persoas, as empresas e as políticas a través dunha linguaxe común: as competencias e habilidades ofertadas e demandadas. A través deste modelo de xestión en base a competencias, visión de mercado, xeración de servizos dixitais e aplicación de IA achégase máis información aos/ás orientadores/as para que poidan mellorar as súas recomendacións, axudando a persoas demandantes e empresas a tomar mellores decisións.
A misión de EMi é ofrecer máis información e de maior calidade aos distintos axentes que interveñen no mercado de traballo (equipo de orientación, demandantes de emprego, empresas…). En ningún momento substitúe a existente nin elimina o proceso de decisión destes axentes en relación coa mesma (que información se ofrece, que opcións se elixen…) |
EMi aprende día a día das decisións que, de forma anonimizada, van adoptando as súas persoas usuarias para poder ofrecer cada vez mellores opcións nas súas propostas e facilitar deste xeito a operativa, aínda que sempre será información adicional á que se usa neste momento e sometida ao criterio e decisión dos distintos usuarios da ferramenta.
EMI atópase en proceso de desenvolvemento e en breve espera poder contar con moitas máis utilidades en aras de mellorar a calidade do servizo de Emprego Galicia.
Transparencia: Unha vez finalizado o seu encontro co/a orientador/a, a persoa demandante terá á súa disposición (en papel ou por correo electrónico) o resultado do proceso do seu perfilado por competencias, entre outra información de utilidade. Está previsto que, en futuras versións, a persoa demandante poida acceder e editar ese perfilado e mesmo elaborar currículos adaptados ás ofertas laborais coa axuda dun asistente virtual. |
MRR FORMACIÓN 2023
O Plan anual 2023 para o persoal do Servizo Público de Emprego de Galicia forma parte do proxecto “Plan de Formación Permanente para o persoal do SNE (2021- 2023)", financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
O citado proxecto enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España, e está incluído na Política Panca VIII. “Nova economía dos cuidados e políticas de emprego”, Componñnte 23. “Novas políticas públicas para un mercado de traballo dinámico, resiliente e inclusivo”, Investimento 5. “Gobernanza e impulso ás políticas de apoio á activación para o emprego”.
Este Plan anual contribúe ao cumprimento do obxectivo nº 348 incluído na "Proposta de DECISIÓN DE EXECUCIÓN DO CONSELLO relativa á aprobación da evaluación do plan de recuperación e resiliencia de España”, de 16 de xuño de 2021, aprobada definitivamente polo Consello da Unión Europea o 13 de xullo de 2021. Ademais, este Plan ten en conta todos os requirimentos establecidos nas Disposicións Operativas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para o citado obxectivo.
As accións formativas que se ofertan para as personas empregadas públicas teñen por obxecto mellorar as súas competencias e prestar un apoio máis eficaz aos solicitantes de emprego. As características da formación se recollen nos correspondentes programas formativos (Ficha), nos que se inclúe, entre outros aspectos, a denominación da acción formativa, así como os seus obxectivos, contido e duración.
Convocatoria de cursos 2023
AC03P050 Iniciación ao uso do coaching no Servizo Público de Emprego | Ver programa | |
AC03P051 Redes sociais como instrumento na busca de emprego | Ver programa | |
AC04P020 Contrato de traballo e emprego | Ver programa | |
AC04P021 Políticas activas de emprego | Ver programa | |
AC05P029 Xestión da formación profesional para o emprego | Ver programa | |
AC12P019 Titorización de vítimas de violencia de xénero | Ver programa | |
AC14P048 Liderado, xestión de equipos e resolución de conflitos no Servizo Público de Emprego | Ver programa | |
AC04P002 Iniciación á intermediación laboral | Ver programa | |
AC04P003 Avanzado en intermediación laboral | Ver programa | |
AC01P011 Introdución ás prestacións por desemprego | Ver programa | |
AC04P004 Inscrición das persoas estranxeiras no servizo público de emprego | Ver programa | |
AC03P007 Fundamentos da orientación laboral aberta | Ver programa | |
AC03P006 Claves da prospección de emprego | Ver programa |
As persoas inscritas que completen a acción formativa obterán o certificado oficial correspondente |