SESIÓN GRUPAL: UNHA OPORTUNIDADE LABORAL A TÚA ALTURA!
O 4 de marzo ás 12:00 h conectaremos coa UTE Helicópteros de Galicia para descubrir unha profesión que vai máis aló dun traballo: a loita contra o lume das brigadas helitransportadas de Galicia. Se buscas acción e facer algo que realmente importa, consulta os perfís demandados e reserva a túa praza para esta misión.
SESIÓN GRUPAL: ACTIVA O TEU TALENTO: A IA COMO MOTOR DE NOVAS OPORTUNIDADES
A oficina de emprego da Cañiza ofrécenos o 24 de febreiro ás 12:00h na aula CeMIT unha introdución práctica e inspiradora ao uso da intelixencia artificial na procura de emprego. Descubre como reforzar o teu perfil profesional e avanzar na túa empregabilidade.
Sabes que podes facer a maioría dos teus trámites laborais sen desprazarte, de maneira rápida, cómoda e segura? O 13 de febreiro ás 12:00 descubre a túa oficina virtual na Oficina de emprego de Cambados e Ourense A Ponte.
Consulta a relación de postos de traballo promovidos polos concellos no ámbito deste Programa de fomento de emprego no medio rural para a prevención e defensa contra os incendios forestais.
PIDE CITA PARA PARTICIPAR NAS SESIÓNS GRUPAIS DE EMPREGO
No 2026 continúan a organizarse diferentes sesións grupais nas oficinas de emprego para aumentar os teus coñecementos e habilidades para afrontar un proceso de busca de emprego ou recibir información sobre oportunidades de emprego en sectores ou empresas.Esperámosche!
Accede a toda a información sobre os programas de formación en alternancia con práctica profesional para persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
PREPÁRATE PARA OBTER AS COMPETENCIAS CLAVE A TRAVÉS DO CAMPUS VIRTUAL DE EMPREGO
Tes a túa disposición 8 cursos en liña en modo autoformación para preparar as probas libres de competencias clave convocadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Aproveita a oportunidade!